[./historia.htm]
[./grupo.htm]
[./repertorio.htm]
[./galeria.htm]
[./actuacions.htm]
[./noticias.htm]
[./contacto.htm]
[./index.htm]
[Web Creator] [LMSOFT]
Asociación Cultural CATALMIBRE
Grupo de gaitas, baile e percusión
Culleredo. A Coruña.


Como gran cantidade de ideas, non sabemos si nos pousos dunha
taza de viño ou no fondo dunha cervexa, Catalmibre xurde nunha
taberna.      
         Eran principios do ano 2003, e o que acordábamos era que
diferentes grupos nos íamos a xuntar para darlle máis realce ó que
xa estabamos a facer por separado, ampliando así o número de
compoñentes musicáis e incorporando Baile Tradicional.
        A Asociación está formada por personas que disfrutamos do
Folclore Tradicional de Galicia, e así, facendo o que nos gusta,
entreter e divertir á xente, dar a coñecer a gran variedade de bailes
e danzas que existen na nosa Comunidade, así como tamén a grande
variedad de melodías que se interpretan na nosa terra xa dende antes
dos nosos avós.
        Os obxetivos da asociación son:
 
  • FOMENTAR O FOLCLORE DA NOSA TERRA
  • INTERPRETAR AS MELODÍAS DE CORTE TRADICIONAL
  • RECUPERAR E MANTER OS BAILES E DANZAS RECOLLIDOS POLOS DIFERENTES POBOS DE GALICIA

        Aínda que somos unha Asociación realmente xove, non é así a experiencia dos membros, que aparte de aledar as festas dando  Alboradas por infinidade de pobos de Galicia, temos un amplo abano de actuacións, como a participación no Festival celebrado no Palau Sant Jordi de Barcelona, actuacións en Valencia, Monóvar (Alicante), Almoharín e Don Benito(Badajoz), Simancas(Valladolid), Gaia(Portugal), programas da TVG, Tele5 e TVE1, colaborando con numerosas Entidades e Asociacións.

        Xa como asociación e en tan poucos anos, contamos cun amplo currículo de actuacións fora da nosa Comunidade:
 
  • ÁGUEDA (PORTUGAL)-2005
  • SAN JOAN DE LABRITJA (IBIZA)-2006
  • CELEBRACIÓN DIA DE GALICIA EN MADRID-2007
  • MENASALBAS (TOLEDO)-2007
  • BARAKALDO (VIZCAYA)-2007
  • MALLORCA-2008
  • ALMOHARÍN (CÁCERES)-2009
  • LORCA (MURCIA)-2009
  • VILLASANA DE MENA (BURGOS)-2010
  • POLA DE LENA (ASTURIAS)-2011

        Como dicimos, a nosa filosofía témola clara. A mentalidade coa que nacimos non é outra que a de pasalo ben, disfrutar coa nosa música e o noso folclore e poder dar a coñecer polo mundo a nosa cultura.
        Porque nos gusta a nosa música, porque nos gusta ver como disfruta a xente con nós, porque o pasamos ben amosando a nosa cultura…porque ti tamén eres parte de Catalmibre, benvido ó noso mundo.
        Porque cando un ten a sorte de ser galego…
Gaitas Baile e Percusión
Inicio
Castelán
Galego
Inglés
Chinés
Deputación da Coruña